Emulsións, aditivos e mesturas bituminosas en frío.
Garantizamos a calidade e apostamos por mellorar continuamente.
Dispoñemos da maquinaria e do equipo profesional
necesarios para as obras de mellora de viais.
QUIMIASFALT naceu en 2014, promovida por catro socios que aúnan máis de 20 anos de experiencia na fabricación e comercialización de produtos asfálticos, así como na conservación de estradas.
Somos especialistas en solucións para a conservación de estradas.
O noso obxectivo é fabricar e aplicar mesturas bituminosas e tratamentos superficiais, baixo un estrito control de calidade da fabricación, execución e servizo, perseguindo a plena satisfacción dos nosos clientes, cos seguintes compromisos:
Expertos en solucións para a conservación e mellora de viais.

Na nosa fábrica, situada en Ordes (A Coruña), cunha capacidade de produción de 200 Tn. diarias, fabricamos todo tipo de emulsiones, mesturas bituminosas en frío e aditivos para microaglomerados.
Dispoñemos de laboratorio propio equipado para o control de calidade dos nosos produtos, así como para a elaboración de fórmulas de traballo para os Microaglomerados.







Especialistas na aplicación de microaglomerados en frío, tratamentos antiescorregadizos, selado de gretas e outros tratamentos superficiais.
Contamos co equipo humano e técnico para a realización destes traballos, entre os medios destacamos:
4 máquinas pavimentadoras/extendedoras de Microaglomerados en frío:
Calidade garantida polos máis estritos estándares
Coidamos os nosos procesos para satisfacer os estándares de calidade e certificacións máis esixentes, coa mirada posta na plena satisfacción dos nosos clientes, no coidado do medio ambiente e no maior compromiso cos nosos traballadores, colaboradores e administracións públicas.
Establecemos na nosa organización un Sistema de Xestión de Calidade orientado á mellora continua dos nosos produtos, servizos e procesos, tendo en conta a nosa capacidade técnica, competitividade, conduta ambiental e a prevención de riscos laborais.
O noso sistema de xestión susténtase nos seguintes principios:
Os nosos produtos dispoñen de marcado CE.
Os nosos procesos de producción e servizos cumpren cos requerimentos das normas de calidade seguintes:
Dentro das nosas políticas figura como obxetivo a reducción do consumo enerxético basado en combustibles fósiles.
Estamos invertindo en instalacións de producción de enerxía fotovoltaica, coa axuda da Xunta de Galicia co obxetivo de reducir o consumo de combustibles fósiles e, polo tanto, a nosa pegada de carbono.